Sunday 28 de April de 2024

O Concello organiza unha ruta de sendeirismo polo Monumento Natural de Pena Corneira


O programa Andares por Galicia, A cultura da Natureza regresa o mes de marzo con novas excursións. A primeira das saídas está programada para o sábado día 4 e inclúe unha ruta de sendeirismo polo Monumento Natural de Pena Corneira e as visitas ao Mosteiro de San Clodio e á ponte medieval.

 

A ruta a pé sairá de Paredes e rematará en A Veronza (Carballeda de Avia), pasando polo Hórreos de Paredes, Igrexa de Sta. Mª de Lamas, Pena Corneira, Bolos de granito, Faramontaos, Viñedos do Ribeiro e Muíños da Veronza. A distancia a percorrer é de 13,6 km e está cualificada como de dificultade media.

 

A actividade ten un custo de 22 euros e está dirixida a persoas maiores de idade, tendo preferencia as persoas empadroadas en Oleiros. As preinscricións realizaranse preferentemente na Sede electrónica a partir do 14 de febreiro ás 10.00 horas. No caso de que algunha persoa non lle sexa posible realizala así, poderá facelo na Fábrica en horario de mañá de 10.00 a 14.00 horas.

 

Para obter máis información é posible dirixirse ao Departamento de Cultura do Concello de Oleiros, situado na Fábrica, ben fisicamente ou a través do teléfono 981 636 598 ou do correo electrónico r.caparros@oleiros.org.